Equipo artístico
- MARCELO: Fernando Morán
- CURA: Xosé Barato
- NAI MARCELO: Carmen Conde
- MARCELO NENO: Abel Pena
- XOANA: Teresa Lorenzo
- ANTIA: Naiara Gómez
- XURXO: Javier Castro
- ROI: Hugo Sanmartín
Traxectoria profesional dos actores profesionais:
Carmen Conde
Carmen Conde Gaute é autora de relatos breves para adultos e contos infantís, ademais de ser narradora oral. Participa en obradoiros literarios e colabora coa sección de humor de Cadena Ser. Guionista para a produtora Dama Negra Films e actriz.
Xosé Barato
José Luis López Roca, ou como todo o mundo o coñece, Xosé Barato, naceu en Guitiriz en 1979.
Xosé é actor e presentador.
Participou en numerosas curtametraxes e filmes, ademais de series como Terra de Miranda, 4º sen Ascensor, A Vida por Diante, Padre Casares. Matalobos, Serramoura ou El Secreto de Puente Viejo. Presentou dous programas: Historias de Galicia e A miña famosa familia.
Actor polifacético que tamén traballou en teatro e gañou dous premios Mestre Mateo en 2007 e 2009 como mellor comunicador de televisión polos programas presentados e foi candidato por 4º sen Ascensor como mellor interpretación masculina protagonista. En 2010 foi candidato ao premio María Casares a mellor actor de reparto por O segredo dos Hoffman.
Fernando Morán
Este actor galego participou en numerosas obras de teatro, ademais de series de televisión como Hotel Almirante, Doctor Mateo, Libro de Familia, Matalobos, Padre Casares, A Vida por Diante e As Leis de Celavella. Tamén participou en filmes como Pradolongo ou Vilamor, entre outras.